entre negras cinzas che ocultan,
queren ver a tua grandeza mermada,
Galiza, queren que chores,
máis xa non podo nin ver as túas bagoas,
tinguidas,
secas,
abrasadas.
Mentres queiman os teus bosques, de ti
se esquecen,
discutindo so
polas cores dunha bandeira.
Ninguén te valora,
miña querida patria,
So o pobo galego sae as rúas,
a protexerte.
Oh fermosa Galiza!
os galegos loitaremos, por de novo
verte verde.

No hay comentarios:
Publicar un comentario